Posteado por: rapososin en: Junio 5, 2009
Posteado por: rapososin en: Junio 3, 2009
Amiguiños gracias a Rosa lin un correo sobre o perigo de mesturar CocaCola Light e caramelos Mentos, debido á reacción química “explosiva/expansiva” moi curiosa por certo, pero que pode ser máis que desagradable se che pasa no estómago.
Así que o meu consello é que non abusedes de bebidas refrescantes nin de caremeliños e chuches, é dende logo non mesturalos por se as moscas.
Presentación do experimento en cuestión.
En youtube hai moitos videos ó respecto, este pareceume moi interesante.
Pero non esquezades que isto pode ser moi perigoso así que ¡¡¡ ollo ó piollo !!!.
Posteado por: rapososin en: Mayo 25, 2009
Felicidades, ós nosos veciños de Rebordáns por este premio.
Posteado por: sergiorandufe en: Mayo 24, 2009
Boas!!!
O pai de Adrían instalou fai unha semaniña un novo ordenador no comedor, pero os videos seguen indo mal…
Ah, outra cousa, paréceme que a excursión de fin de curso é a Lugo, q vamos camiñar polo casco vello, ir aos parques, cando saiba máis xa vos contarei.
Espero que a todos os nenos lle guste Lugo!! 
Aquí os deixo con algunha páxina sobre esta cidade tan valiosa historicamente.
http://es.wikipedia.org/wiki/Lugo
Deica
Posteado por: rapososin en: Mayo 13, 2009
Hoxe, celebramos o correlingua en Tui (tamén en Ferrol) estades todos convidados, ás 11:30 sairemos da Corredoira, en dirección á Area Panorámica, ali veremos e escoitaremos un espectaculo de Chevere e os gañadores do A Polo Ghit.
Aquí tedes unha reproducción do Himno de Correlingua (e un MP3 para escoitalo)
A miña boca non se equivoca
Alimenta ao planeta
boura polo vento
a lingua dos galegos
non se aguanta nos museos.
Eu quero ir polo mundo
mais por un mundo diverso
onde cada home pouse
o poder do seu acento.
¡ Fala, non pares!
¡ Fala, non cales!
A miña boca provoca
a miña boca non se equivoca.
Un saúdo os antergos,
marcharon lonxe da casa,
cantaruxaron a eito
na Arxentina e Alemaña.
Agora é o noso tempo,
o camiño nas entrañas,
p’ra fecundar o planeta
coa forza da palabra.
¡ Fala, non pares!
¡ Fala, non cales!
A miña boca provoca
a miña boca non se equivoca.
Son o xigante do consumismo
e moito me molesta que sexades distintos.
A diversidade non me vai a diferencia é un problema
p’ra vender o que me peta sempre coa mesma etiqueta.
Eu son o dono do mundo vouvos comer o futuro.
xa papei moitas linguas dentro do meu bandullo.
¡ Fala, non cales !
¡ Fala, non pares !.
Posteado por: rapososin en: Mayo 4, 2009
O outro día estabamos a falar Sergio e máis eu sobre o grande e o pequeno, creo que vos gustará esta pequena animación, que mostra o pequenos que son os virus e as bacterias, que tanto dano nos poden facer.
http://www.cellsalive.com/howbig.htm
Por certo xa sabes que é o H1N1?
Posteado por: rapososin en: Abril 21, 2009
Atención, Pregunta:
“Como se chama o tema que soa neste video é de que película foi banda sonora?
Posteado por: sergiorandufe en: Abril 9, 2009
Ola de novo.
O colexio acabouse durante 2 semaniñas, xa era hora…
Moitos compañeiros da miña clase leváronse un disgusto moi grande para casa… As notas…
Non esperaba isto, non pensei que moitos amigos non veñan ao instituto conmigo… a non ser que melloren, se eu paso…
Que o pasedes moi ben na semana santa e que a divertirse toca…
Posteado por: sergiorandufe en: Marzo 21, 2009
Ola a todos.
Pepe Carreiro ( o debuxante dos Bolechas que seguro que coñecedes todos) vai vir este mes a nosa escola. Non se sabe moi ben que día exacto, pero entre o 20 e 30 de Marzo.
Faranos unha demostración rápida de como fai o seu traballo, e, ao mellor nos fai uns debuxos en exclusiva para os nenos de C.E.I.P Randufe como agasallo por ler todos os seus libros.
Na nosa biblioteca temos moitos libros dos bolechas para os maís pequenos.
Ata outro día.
Cando saiba o día exacto xa vos contarei.
Posteado por: sergiorandufe en: Marzo 4, 2009
Eu, como no comedor e contoume un paxariño que os nenos e nenas do comedor (incluido eu) están a facer novos debuxos, xa vós chegaran.
Tamén cando acabamos de facer os deberes, xagamos , por que no comedor hai moitos xogos coma puzzles, parchís, o ordenador (estropeado) , …
Ata logo.